Tuesday 30 de April de 2024

A Igrexa da Santa María da Atalaia de Laxe aparecerá por primeira vez nun décimo da Lotería Nacional


• A Concellería de Turismo, Comercio, Hostalaría e Cultura do Concello de Laxe solicitara á SELAE dedicarlle un décimo á declaración de Ben de Interese Cultural da igrexa

• Loterías y Apuestas del Estado vén de comunicar que reservaron o número 17/24, correspondente ao xoves 29 de febreiro de 2024

• É a primeira vez que un monumento deste Concello vai aparecer nun décimo da Lotaría Nacional

A Concellería de Turismo, Comercio, Hostalaría e Cultura do Concello de Laxe solicitou á Sociedad Estatal Loterías y Apuestas del Estado, S.A. dedicarlle un décimo da lotería á recente declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) da Igrexa de Santa María da Atalaia de Laxe.

Loterías y Apuestas del Estado vén de comunicar que foi reservado para tal fin o sorteo número 17/24, correspondente ao xoves día 29 de febreiro de 2024.

Esta é a primeira vez que un monumento deste Concello vai aparecer nun décimo da Lotería Nacional, o que supón unha gran promoción turística do noso destino a nivel nacional. Trátase dun fito moi importante na promoción turística dos nosos recursos, que agardamos que se poida repetir.

Queremos agradecer á Sociedade Estatal Loterías y Apuestas del Estado o seu interese e apoio a esta iniciativa.

Queremos tamén desexarlle moita sorte a todas aquelas persoas que merquen este décimo coa imaxe dun dos valores patrimoniais do noso municipio.